GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A razón máis habitual para a desaparición é a emigración por causas económicas

(05/10/2009)

A razón máis habitual para a desaparición é a emigración por causas económicas

Data de publicación:
3/10/2009

Un dos aspectos máis interesantes da análise que a Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais que realiza a Deputación sobre os núcleos abandonados da provincia é o motivo polo que estes se quedaron baleiros. Das 34 poboacións que se quedaron sen habitantes, 29 foi por motivos relacionados cunha emigración por causas económicas. Nos outros cinco casos non se especifica o motivo.

Outro aspecto de interese na enquisa da institución provincial é a posibilidade de rehabilitación dos pobos abandonados. Neste caso, a Deputación considera que todos eles -excepto un diseminado do Irixo- poderían ser recuperados. Para iso sería necesario convencer á iniciativa privada xa que as vivendas pertencen, en todos os casos excepto nun pobo de Amoeiro, a particulares.

Na rehabilitación destes núcleos serían esenciais algúns dos datos recollidos no estudo. Reflíctese, por exemplo, que 23 dos 34 pobos sen habitantes teñen aínda instalación eléctrica. Pola contra, só cinco das aldeas citadas teñen dispoñible auga corrente de distribución domiciliaria. Do resto, a maior parte teñen pozos para o seu abastecemento, aínda que sete dos pobos tamén carecen diso. Outro asunto analizado é o estado dos accesos á poboación. Non hai ningunha incomunicada pero na maior parte dos casos para chegar a elas hai que usar camiños sen asfaltar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas