GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha familia chilena sostén que sufriu un ataque racista

(06/10/2009)

Unha familia chilena sostén que sufriu un ataque racista
06.10.2009 Aseguran que foron ameazados por un grupo de 30 persoas en Ferrol·· Afirman que a Policía non os atendeu, pero en Comisaría negan chamadas ou denuncias
P.HERMIDA ? FERROL
Un estraño caso de racismo rexistrouse durante o pasado fin de semana en Ferrol. Unha familia de nacionalidade chilena lamentou ante o Concello "sufrir un presunto ataque racista por parte de trinta persoas". Con todo, non acompañou a queixa dun parte de denuncia policial. Segundo os afectados, "a Policía Nacional negouse a asistirnos". A Comisaría de Ferrol-Narón nega "recibir unha chamada relacionada co presunto caso durante o fin de semana, o informe de incidencias do fin de semana non rexistra ningún feito similar".

Sempre segundo a versión da familia, o incidente ocorreu na madrugada do sábado ao domingo. Katy Wergen camiñaba acompañada pola súa filla, o seu sobriño e o pai deste. Sobre as sete da mañá e á altura da rúa Lérez, "un grupo de trinta persoas empezou a insultarnos en busca de pelexa". A muller supostamente chamou á central do 091 en varias ocasións, "pero sempre nos indicaron que o problema non era do seu incumbencia". A Comisaría nega os feitos: "Non se recibiu chamada semellante durante o fin de semana, nin hai un parte dos feitos. Se así ocorrese, loxicamente mandariamos unha patrulla ao instante".

A suposta agresión continuou ata que a familia entrou nun portal e conseguiu botar aos atacantes. Non sen antes sufrir "ameazas racistas das 30 persoas, que portaban barras de ferro". Unha das persoas resultou con lesións en mans e cabeza, polas que recibiu asistencia médica. A conselleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, confirma que "onte acudiron á Oficina de Emigración a muller afectada xunto á súa avogada, informándome sobre un presunto ataque xenófobo recibido por parte de trinta persoas".

Os funcionarios municipais axudaron á familia a redactar a denuncia, que se entregará hoxe mesmo nos xulgados de Ferrol. O asunto tamén se trasladará ao foro da Oficina de Emigración, para realizar un seguimento dun caso estraño e sen precedentes.

Circunstancias
Existe un parte médico de lesións

·· A concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, afirma que "existe un parte de lesións que confirma unha suposta agresión, con feridas en mans e cabeza". O informe médico entregarase nos xulgados de Ferrol.

Non hai precedentes de casos similares

·· Ferrol nunca rexistrou un caso de xenofobia destas características, cun grupo de 30 persoas portando barras de ferro. O Concello confirma a inexistencia destas bandas organizadas .

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas