GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Invitámosche a participar do Cuarto Congreso de Mozos Descendentes de Españois

(06/10/2009)

Invitámosche a participar do Cuarto Congreso de Mozos Descendentes de Españois
"DE ESPECTADORES A Protagonistas"
Inscribite ata o 8 de Outubro !!! en www.ajdera.org.ar


Obxectivos:
O IV Congreso de Mozos Descendentes de Españois, proponse os seguintes obxectivos:

- Fortalecer o sentido de pertenza e identidade dos mozos descendentes de españois de todo o país.

- Reafirmar os vínculos afectivos cara aos valores, tradicións, culturas e institucións de España ou relacionadas coa hispanidade.

- Fortalecer e consolidar a crecente rede de asociacionismo xuvenil promovida por AJDERA no país e Iberoamérica.

- Promover o encontro e o diálogo entre mozos descendentes de españois provenientes de diversas áreas xeográficas da Arxentina e outros países, con variados intereses, planteos e demandas.

- Promover o intercambio de experiencias institucionais de todo o país, no contexto da participación da mocidade en entidades da colectividade española.

- Impulsar e fortalecer o diálogo da mocidade descendente de españois na Arxentina con autoridades do Goberno de España e dos ámbitos académicos, de organizacións non gobernamentais e de organismos e institucións de mocidade de Iberoamérica.

- Impulsar e fortalecer o diálogo con institucións de mozos descendentes de españois en Uruguai, Brasil, Perú e Bolivia.p<>

- Consolidar o protagonismo dos mozos descendentes de españois na Arxentina na formulación de propostas relacionadas coas demandas, intereses e inquietudes expresadas nos diferentes Congresos organizados por AJDERA.

- Incentivar aos mozos descendentes de españois na Arxentina a deseñar propostas, proxectos e iniciativas que favorezan o desenvolvemento e crecemento da colectividade española moza no país.

- Consolidar e potenciar o proceso de federalización de proxectos e iniciativas institucionais promovido por AJDERA a favor do desenvolvemento de cada unha das rexións do país.

- Reafirmar o compromiso de AJDERA coa formulación de proxectos e iniciativas que contribúan con achegues ás políticas pú blicas relacionadas coa mocidade descendente de españois na Arxentina.

- Consolidar os vínculos institucionais de AJDERA cos Estados de España e Arxentina e coas autoridades de institucións e empresas pú blicas e privadas de ambos os países.

Eixos Temáticos:

DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE - A opción do futuro.
EDUCACION NON FORMAL - Un complemento para a túa vida.
EDUCACION PARA A PARTICIPACION POLITICA - Se partícipe do cambio
INSERCIÓN LABORAL E MOZOS EMPRENDEDORES - Construíndo oportunidades.
IGUALDADE DE OPORTUNIDADES - Unidos na diversidade
VOLUNTARIADO e ASOCIATIVISMO - A necesidade do compromiso
NOVAS CORRENTES DE COMUNICACIÓN - Acurtando distancias.
Informate en AJDERA:



Horario de atención de Luns a Venres de 9 a 15 horas - Correo: info@ajdera.org.ar - Teléfono: ( 011) 4515 -0353 - Viamonte 166 Piso 2º - (1053) Cidade Autónoma de Bos Aires - Arxentina

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas