GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cae un dos mitos de Occidente: máis do 75% das migracións totais son de ámbito nacional

(07/10/2009)

Cae un dos mitos de Occidente: máis do 75% das migracións totais son de ámbito nacional

A emigración, tema central do estudo das Nacións Unidas

Data de publicación:
6/10/2009

O informe da ONU está dedicado en cada ocasión a un tema global. Neste caso, baixo a dirección de Jeni Klugman, abordáronse as migracións, e cos datos de campo caeron algúns dos mitos máis asentados en Occidente: a gran maioría das migracións teñen carácter nacional, os desprazados xeran máis riqueza da que reciben e só un 3% dos africanos non viven no seu país de nacemento.

As cifras que manexa a ONU indican que hai uns mil millóns de persoas desprazadas, das que 750 millóns cambian de cidade ou rexión no seu propio estado. Das migracións internacionais, un 30% teñen como saída e destino países en vías de desenvolvemento.

Os emigrantes, di o estudo, xeran máis riqueza da que reciben, xa que a súa presenza aumenta o emprego nas comunidades de destino, non despraza aos traballadores locais e mellora as taxas de investimento en novas empresas. A ONU -que non é partidaria da liberalización xeneralizada nas migracións internacionais- avoga por facilitar os trámites e o custo das migracións para que sexa máis alcanzable usar a vía legal que a ilegal. E recorda que os veciños dos países de destino ven con bos ollos aos inmigrantes cando hai dispoñibilidade de empregos.

Iso si, cambiar a zonas ricas beneficia sobre todo a quen emprende ese camiño: gáñase 15 veces máis, duplícanse as taxas de matrícula escolar e redúcense ata 16 veces as cifras de mortalidade infantil. Ademais, o emigrante envía importantes remesas de efectivo ás súas familias, pero tamén novas ideas, xérase máis igualdade de xénero e un maior control da natalidade, o que se deu en chamar remesas sociais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas