GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O gaiteiro Celestino Pichel e o Concello de Cambados, premios Entreculturas

(07/10/2009)

O gaiteiro Celestino Pichel e o Concello de Cambados, premios Entreculturas

Autor:
La Voz
Data de publicación:
7/10/2009

Celestino Pichel Bouzas, un emigrante de Viascón (Cotobade) que é hoxe aos seus 83 anos o gaiteiro máis lonxevo de América, e o Concello de Cambados foron distinguidos cos premios Entreculturas que outorga a Deputación e que están dotados con 6.000 euros. Este galardón foi instituido polo organismo provincial no 2004 para premiar a persoas ou entidades do mundo hispano e da emigración recoñecidos polo seu labor en defensa do colectivo emigrante e a cultura galega.

Celestino Pichel é emigrante en Montevideo (Uruguai) desde 1953. Desde esa data estivo vinculado á Casa de Galicia, entidade pola que foi contratado en 1990 e na que dirixe a escola e o grupo de gaitas do Ballet Folclórico Obradoiro.

Unha filla de Pichel recoñeceu onte desde Montevideo que o seu pai se decatou do galardón a través de La Voz e agradeceu ao organismo provincial esta distinción cara ao músico, que está considerado toda unha institución da cultura tradicional galega en Uruguai. A pesar da súa idade, non deixou nunca de tocar a gaita, «só agora deixouno un pouco, aínda que aínda practica, pero ten 83 anos», sinala a súa filla. «A música galega é moi apreciada aquí por todo o mundo», engade.

Alumnos

A maior parte dos músicos e dos grupos de gaiteiros existentes actualmente en Uruguai foron alumnos seus. Algúns dos máis significativos son os grupos Montegal, Os Trapalleiros, Fisterra ou grianan, de Montevideo, e o gaiteiro Carlitos, que dirixe a única Banda de Gaitas existente en Uruguai, Irmandade do Centro Val Miñor.

A súa filla destaca que a última vez que estivo en Galicia foi no ano 97. «Ten moitos recordos de aí -indica-, de Cotobade, a súa familia, a súa casa... Obviamente da súa nai, e nós mantemos o contacto cos familiares».

Doutra banda, o Concello de Cambados foi distinguido polo seu labor no campo social a favor dos emigrantes cambadeses en Arxentina, polas súas iniciativas de axudas e bolsas de estudos a fillos e netos de emigrantes desta localidade en Buenos Aires.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas