GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

14 Festival de Cine Internacional de Ourense

(07/10/2009)

14 Festival de Cine Internacional de Ourense

Do 10 ao 17 de outubro celébrase en Ourense unha nova edición do Festival de Cine Internacional de Ourense que, baixo o lema Creatividade e Innovación presentará unha selección das producións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galicia, Europa, América Latina e de todo o mundo entre longametraxes de ficción, documentais de creación, curtametraxes e novos media que representan a máis de 80 países.

Os escenarios elixidos son o Auditorio Municipal de Ourense, Centro Cultural Deputación de Ourense, Teatro Principal de Ourense e Cinebox.

SECCIÓNS TEMÁTICAS

AMORES DIFÍCILES
O amor foi un dos temas máis tratados no cine. Os cineastas do noso tempo seguen profundando no eterno tema, agora explorando os aspectos máis controvertidos do amor nestes tempos difíciles?
COUSAS DE FAMILIA
A familia, as súas relacións e conflitos son o tema de moitas das obras que os cineastas do noso tempo exploran con gran interese.
Conflitos e reflexións sobre o comportamento de parella, de pais e fillos e dos cambios xeracionais.
Un tema que non recoñece fronteiras e que retrata a sociedade en que vivimos.
CINE E MULLER
A muller no cine: os temas propios do xénero nos tempos actuais ou sinxelamente o cine feito por mulleres realizadoras.
FÓRA DO ARMARIO
Selección de filmes que tratan a tematica gai / lésbica dos nosos tempos.
NOS LÍMITES
Selección de filmes cuxa temática mostra situacións ao límite das paixóns e conflitos humanos.
Temas difíciles de tratar e de mostrar pola súa crueza humana, social e ética, onde o relizador entra e arríscase nun compromiso ao límite do moralmente permitido.
Unha sección que mostra filmes e temas controvertidos do noso tempo que poden revolver as nosas pantasmas interiores.
Quedan advertidos do forte contido desta sección de emocións fortes.
VISIÓNS DE AMÉRICA LATINA
América Latina é sempre foco da atención do Festival de Cine Internacional de Ourense pola tradición cultural que une a Galicia con América Latina.
Esta sección é unha mostra dos filmes máis destacados recibidos en 2009, que vai máis aló dos que tamén participan en competición.
COS BRAZOS ABERTOS A La DIVERSIDADE
O Festival de Cine Internacional de Ourense abre os seus brazos á diversidade con esta Sección.
Diversidade de culturas, de xéneros, de linguas, de tradicións e de opinións que compón a maior riqueza de humanidade.
CINE E EMIGRACIÓN
A emigración forma parte da historia, cultura e conformación do pobo galego. Non se pode comprender Galicia sen a súa historia de emigración a América, a Europa e ao mundo.
O Festival de Cine Internacional de Ourense conta con esta sección tradicionalmente e dedícaa xa non só á emigración de Galicia, senón a todos os movementos migratorios que hoxe en día constitúen un dos fenómenos máis relevantes do panorama global.
CINE NAS AULAS
O cine e o audiovisual son unha das ferramentas máis potentes para desenvolver a educación.
O Festival de Cine Interacional de Ourense presenta cada ano unha película para o público escolar de Ourense e de Galicia.
Este ano tamén se presenta por primeira vez o Concurso OUFF Escola, un concurso para filmes realizados por alumnos dos centros educativos non universitarios de de Galicia. Coa mostra dos filmes premiados.
Máis información: http://www.ouff.org/index.html

Programa Dia/Sala: 192.86 KB Entradas relacionadas
XIII Festival de Cine Internacional de Ourense
Arrinca o 13 Festival de Cine Internacional de Ourense

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas