GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración e pobreza

(08/10/2009)

Emigración e pobreza
Xornal de Galicia | Mércores, 07 Outubro, 2009 - 03:15

o Cume do Milenio da Organización das Nacións Unidas, os xefes de estado e de goberno, comprometéronse a reducir á metade, ata o ano 2.015, a porcentaxe das persoas que viven na indigencia
Así mesmo o día 17 deste mesmo mes conmemórase o Día Internacional para a erradicación da Pobreza e por iso é gratificante coñecer que a Deputación de Pontevedra concédalle ao concello de Cambados o premio entreculturas polas súas políticas activas de integración social cara a determinadas familias de emigrantes da localidade que residen actualmente en Arxentina e están vivindo situacións límites, nalgúns casos de auténtica exclusión social.

Desgraciadamente países con enormes potencialidades de riquezas naturais, principalmente de Sudamérica e África, sofren as consecuencias de desgoberno e corrupción por parte das autoridades políticas. Isto provoca que haxa grandes bolsas de pobreza que loxicamente afectan a unha gran parte dos seus cidadáns, entre os que tamén están moitos paisanos galegos e aí é onde as diferentes administracións públicas teñen que tomar cartas no asunto ao ser cidadáns españois e polo tanto teñen os mesmos dereitos que os que residimos habitualmente neste país.

O concello de Cambados debería ser un exemplo para moitos outros organismos públicos ao obxecto de que non queden meramente en contactos institucionais con centros galegos, noutros países, para celebrar festas e banquetes, en datas determinadas, senón que velen pola situación social e económica dos galegos que residen nos mesmos, principalmente en Arxentina, onde algúns destes paisanos perciben pensións de miseria, sobre uns 160 euros mensuais. Está claro que non todas as persoas que saíron do noso país en busca de mellores oportunidades conseguírono por iso é polo que, consciente diso, varias administracións públicas como a Xunta de Galicia destine unhas axudas extraordinarias a emigrantes galegos e aos seus familiares que retornen a Galicia e que o goberno central articule, a través da propia seguridade social, un complemento por residencia ao obxecto de incrementar as prestacións ao importe das contías mínimas mensuais establecidas para todos os pensionistas españois.


JOSÉ MANUEL PENA

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas