GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rexeitan proxecto Lei de Estranxeiría

(13/10/2009)

Rexeitan proxecto Lei de Estranxeiría
»

Máis de cen asociacións de inmigrantes en España mostráronse optimistas, o xoves pasado, ante a posibilidade de que a reforma da Lei de Estranxeiría sexa modificada no Parlamento, atendendo ás súas reivindicacións.

As organizacións, que representan a latinoamericanos, magrebís e africanos, entre outros, subscribiron en Madrid un manifesto conxunto en contra do texto impulsado polo Goberno que, din, recorta dereitos fundamentais das persoas, ampliando os prazos de retención de irregulares nos centros de internamento e limitando criterios de reagrupación familiar.

Aspiramos a cambios substanciais, dixo Juan Carlos Roig, presidente de Aesco (América España Solidariedade e Cooperación), asociacións que apoian a iniciativa. O proxecto, tal e como entrou ao Parlamento, é un prexuízo á cohesión social e a convivencia, agregou.

No manifesto, as asociacións esixiron a eliminación dos centros de internamento e rexeitan a restrición na reagrupación familiar.

Hai unha clara regresión de dereitos na nova lei e unha tendencia economicista, dixo Santiago Morais, presidente da Federación Nacional de Ecuatorianos en España (Fenadee). Mentres, Víctor Sáez, da Federación Estatal de Asociacións de Inmigrantes e Refuxiados en España (Ferine), anunciou que este sábado haberá unha protesta en Madrid contra a nova Lei de Estranxeiría en España, onde hai 4,5 millóns de estranxeiros.

Lei de Estranxeiría
O texto do Goberno está en tramitei parlamentario. Alí podería ser modificado antes de ser aprobado a fins de ano.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas