GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Riotorto é o único municipio onde descende o número de emigrados, cunha baixada do 10,53%

(13/10/2009)

Riotorto é o único municipio onde descende o número de emigrados, cunha baixada do 10,53%

As maiores subidas
déronse na Pontenova, onde
aumentaron un 151,35%.

Segue lendo...



Os concellos que máis poboación
teñen son os que máis cidadáns
perderon. Así, entre 2000 e
2007 marcharon de Viveiro 2.725
persoas, de Burela 2.175, de Foz
2.045 e de Ribadeo 1.940. Entre
estes catro suman o 56,9% dos
emigrantes totais. En xeral
as emigracións aumentaron
en todos os municipios menos
en Riotorto, onde descenderon
un 10,53%. As maiores subidas
déronse na Pontenova, onde
aumentaron un 151,35%, en Foz
cun 116,46% e Mondoñedo, cun
82,43% máis de emigrantes en 2007
que no 2000. A evolución
dos perfís da evolución da
porcentaxe de emigrantes nos
municipios mostra que só Alfoz,
Burela e Riotorto presentan
descensos nos últimos anos,
pero o resto « mostra tendencia a seguir
aumentando».
Do total de emigrantes internos,
o 51,38% correspóndelle aos
concellos de Viveiro, Burela, Foz
e Ribadeo, mentres que os que
menores porcentaxes teñen son
Trabada, Riotorto e O Valadouro.
En valores porcentuais, só Riotorto
e Ourol teñen un descenso
na cifra do 2007 con respecto á
do 2000, con baixadas do 12,5%
e do 2,17%, respectivamente. Os
maiores aumentos danse na
Pontenova, Xove, Mondoñedo e
Cervo. Só Alfoz e Burela acusan
un descenso na súa porcentaxe de emigrantes
nos últimos anos,
os restantes presentan un perfil
claramente ascendente, como
Viveiro e Xove, ou irregular, como
Lourenzá e O Valadouro.
En canto á emigración externa,
o 68,22% dos que se marcharon
fixérono dun dos
catro concellos máis grandes. Os
municipios que menos emigrantes
xeraron foron Ourol, cun
0,74%, O Valadouro, cun
1,03% e Riotorto, cun 1,11%.
Tomando como referencia o
valor de emigrantes externos do
ano 2000, en Trabada, O Vicedo
e Barreiros a cifra é menor no
2007, mentres que no resto
sucede o contrario En canto á
evolución da porcentaxe de emigrantes
con respecto á poboación
total de cada concello, «só cinco
concellos presentan descensos,
que son Trabada, Ourol, Mondoñedo,
Burela e Alfoz».
Dos catro concellos máis
grandes da comarca marchou
o 67,97% dos emigrados a outra
comunidade. No lado contrario
están Ourol, co 0,77%, O Valadouro,
con 1,04% e Alfoz, cun
1,14%. En canto á emigración
o estranxeiro, en nove dos
municipios emigraron menos de dez
persoas. De Ourol e Trabada
só se foi unha, de Riotorto dous e
a maioría dos 311 emigrantes
marcharon desde os concellos
máis poboados: Foz, Viveiro, Ribadeo
e Burela suman 224 emigrantes,
o 72,03% do total.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas