GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O envío de remesas desde España descende un 13 por cento polo impacto da crise e a subida do desemprego entre os inmigrantes

(13/10/2009)

O envío de remesas desde España descende un 13 por cento polo impacto da crise e a subida do desemprego entre os inmigrantes por vocessinfronteras 10 oct. 2009  09:27:23 pm
A crise aínda se nota de forma contundente no envío de diñeiro dos inmigrantes que traballan en España aos seus países de orixe. No segundo trimestre, as remesas alcanzaron os 1.673 millóns, o que supón un descenso do 13% respecto ao mesmo período do ano anterior. Un retroceso por encima dos dous díxitos pero inferior ao rexistrado entre xaneiro e marzo, cando se esborrallaron un 17%.

Estas cifras publicadas polo Banco de España pon de manifesto o impacto da crise económica e do incremento do desemprego entre a poboación estranxeira nos últimos meses, aínda que se observa unha tendencia á alza das remesas entre o primeiro e o segundo trimestre. Así, en taxa intertrimestral, o diñeiro enviado entre abril e xuño foi un 1% máis que o enviado entre xaneiro e marzo.

Con todo, o desemprego entre a poboación estranxeira en setembro, segundo os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa, mostra que o número de parados entre os estranxeiros aumentou en 12.748 persoas respecto de agosto, un 2,6% máis. En total, os inmigrantes en paro sumaban ao finalizar o mes pasado 501.318 desempregados, cun repunte de 202.448 parados ( 67,7%) no último ano.

Ata finais de 2007, a chegada crecente de inmigrantes ao país permitira unha evolución positiva das remesas. Así, desde o ano 2002 as estatísticas do Banco de España reflectían que as remesas de inmigrantes foran crecendo de forma paulatina. Pola súa banda, o diñeiro procedente dos españois que viven no estranxeiro descendeu un 10% en 2008, ata os 1.209 millóns de euros, fronte aos 1.344 millóns de euros rexistrados no primeiro trimestre de 2008.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas