GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración pide o regreso dos retornados cos mesmos dereitos que os residentes

(14/10/2009)

 
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, conmemorou o Día da Hispanidade xunto á colectividade na Hermandad Gallega de Venezuela, en Caracas,que actualmente asocia a uns 10.000 galegos. Na que foi a súa primeira visita institucional ao colectivo de Venezuela, Camba destacou o valor da diáspora na «incalculable contribución a Galicia e a construir un mundo mellor». «É momento de que aqueles que desexen voltar poidan facelo nas mellores condicións e coa mesma amplitude de dereitos que os galegos que viven en Galicia», asegurou.
O responsable de Emigración garantizou o deseño dun conxunto de medidas estratéxicas destinadas a aqueles que desexen voltar, coa finalidade última de que poidan exercer os seus dereitos en igualdade de condicións e coa mesma amplitude que os galegos que viven no ámbito territorial da Comunidade Autónoma. Venezuela é o principal país de retorno dentro de todo o territorio autonómico, superando á Arxentina.
Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, un total de 831 galegos retornaron de Venezuela. Galicia é a terceira comunidade autónoma de España, despois de Madrid e Cataluña, que recibe máis españois procedentes do estranxeiro.
Isto indica a importancia do movemento migratorio de retorno a Galicia, que pasou de ser un país de emigración no pasado a ser un país de retorno nestes últimos anos, máis propiamente que de inmigración, en comparanza coa totalidade de España.
Competencias
O director xeral de Emigración apuntou dende terras venezolanas que «detectou importantes carencias socioasistenciais -fundamentalmente no colectivo de Caracas- nunha atención que é competencia central, «tendo que chegar a Xunta onde o goberno de España non chega». «As autonomías temos posto fronte á atención aos emigrantes porque nos últimos anos o goberno non soubo xestionar», indicou Camba.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas