GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xornadas da Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración

(03/11/2009)

Xornadas da Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración
Alius Modus 2 Novembro 2009 | Cap comentari
Aproveitamos para informar das xornadas que estamos organizando para a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración, os próximos 26 e 27 de novembro en Madrid.

As xornadas queren ser un espazo no que compartir, estimular e potenciar o coñecemento ao redor da xestión da diversidade e a convivencia e as súas oportunidades no mundo local, na actual conxuntura. Diríxense a responsables das distintas administracións, representantes de asociacións, entidades e ONGs, e outros axentes sociais (sindicatos, mundo empresarial, sectores económicos) e cidadáns/as particulares.

Pensamos que non é momento de grandes discursos se non, sobre todo, de pór sobre a mesa o coñecemento e a experiencia do mundo local (de todos os seus axentes) para reflexionar ao redor dos retos e, especialmente, as oportunidades que identificamos. Coa vontade de xerar propostas concretas e dar pautas que orienten as accións a desenvolver. Por este motivo, as xornadas están estruturadas ao redor de catro talleres temáticos: ocupación e dinámicas laborais; inclusión social e cidadanía; convivencia; e xestión estratéxica da diversidade.

Atoparedes máis información sobre as xornadas no portal Integra Local, onde tamén poderedes encher o formulario de inscrición. ¡Atención que o prazo de inscrición finaliza o día 11 de novembro e as prazas son limitadas!

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas