GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O alcalde de Muxía reuniuse en Liechtenstein cos emigrantes da Costa da Morte

(26/11/2009)

O alcalde de Muxía reuniuse en Liechtenstein cos emigrantes da Costa da Morte

Asistiu á cea anual do centro español, integrado por veciños da comarca

Autor:
La Voz
Data de publicación:
26/11/2009

El alcalde de Muxía se reunió en Liechtenstein con los emigrantes de la Costa da Morte 

 

Manuel Figueroa, presidente do centro español Apóstolo Santiago de Liechtenstein, e natural de Muxía, xunto ao alcalde do seu municipio, Félix Porto

Liechtenstein é unha illa da Costa da Morte no centro da Europa histórica. é certo que hai emigrantes da zona distribuídos por toda Suíza, Alemaña ou o norte de Italia, pero a singularidade do Principado (unha delas: ten moitas) é que a inmensa maioría dos españois que traballan alí son galegos, e a inmensa maioría dos galegos son da Costa da Morte. As estatísticas cifran a colonia nacional en algo máis de 400 persoas, pero en realidade apenas chegan ás 350.

Cóntao (e os conta) Manuel Figueroa Rodríguez, de 47 anos, natural de Ozón-Muxía, case trinta anos emigrado e unha década como presidente do Centro Español Apóstolo Santiago. Organizan numerosas actividades, aínda que ás veces o principal é o que non se ve, por exemplo o papelorio. E está o que se ve, que loce moito. Un dos actos máis vistosos é a festa anual, con cea multitudinaria, na que se reúnen medio milleiro de persoas. Naturalmente, non todas de Liechtenstein, senón tamén establecidos en localidades suízas próximas que aproveitan este acontecemento para reunirse cos seus amigos e pasar unha noite, a do sábado de metade de novembro, moi agradable.

Por segundo ano consecutivo estiveron acompañados do alcalde de Muxía, Félix Porto Serantes, ademais da concelleira Irma García, quen pasou quince anos traballando neste pequeno país, de vida agradable e bos soldos, no que tamén empeza a notarse a crise, aínda que menos que noutras zonas.

Autoridades houbo máis. O doutor Markus Kolzoff, por exemplo, que é o cónsul honorario de España en Liechtenstein, e tamén Imgard Beck, ex presidente do Tribunal Constitucional do Principado. Houbo ata almirantes, pero con maiúscula, porque era a orquestra galega que se encargou de animar a festa, ademais do grupo de música tradicional As Xeitoxiñas de Zúric. Explica Figueroa que, como todos os anos, o resultado foi un éxito.

O presidente do centro relata que cada vez hai menos galegos en Vaduz, a capital, que aglutina o groso dos emigrantes (o país ten 35.000 habitantes repartidos en 160 quilómetros cadrados). Moitos vólvense, a pesar da crise, pero tamén algúns se van. Acaba de ocorrer cunha parella de mozos novo (uns 23 anos) de Muxía, que buscan en Liechtenstein un futuro mellor do que parece que hai nesta comarca. Son casos soltos da nova emigración, e tamén se producen en Suíza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas