GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Bos Aires reflexiona sobre o papel da muller na emigración

(27/11/2009)

Bos Aires reflexiona sobre o papel da muller na emigración

lri - Bos Aires - 26-11-2009
Por segundo ano consecutivo arrinca o ciclo «De Historias de Mulleres e Mulleres na Historia» na casa do defensor do pobo da cidade de Bos Aires, un local que serve de espazo de reflexión sobre a recuperación das distintas experiencias de centos de mulleres, unhas vivencias que «en non poucas ocasións atopáronse ocultas e, ás veces, ata censuradas ou invisibles» ao longo do tempo. Ata o 2 de decembro, o ciclo permanecerá aberto.


Xornada de Muller e Emigración, en Bos Aires.
A emigración galega reconstrúese en feminino Fernández Darriba, a directora de Foeminas, Revista Virtual de Xénero, comentou que o seu relatorio «ten moito que ver coas mulleres galegas, as migrantes, as non migrantes, as que construíron unha idea de nación a partir da súa identidade e as que se vincularon con outras culturas».

Historias de emigrados galegos no libro «Volver a Galicia»

«É lóxico que o que me conte unha señora de 80 anos sexa moi parecido ao que me conte a miña avoa», comenta Fernández á hora de presentar a súa obra, un traballo que está inspirado en todos e cada un dos emigrantes que se foron a buscar unha vida mellor.

As artífices do ciclo

Este programa arrincou por segundo ano consecutivo co II Ciclo «De Historias de Mulleres e Mulleres na Historia», todo grazas ao traballo das profesionais arxentinas, peruanas e galegas, entre outras.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas