GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«A todos os emigrantes únenos unha historia e un pasado común, e iso crea lazos de amizade»

(10/12/2009)

«A todos os emigrantes únenos unha historia e un pasado común, e iso crea lazos de amizade»
entrevista | Perfecto Feijóo rodríguez Hostaleiro verinés oganizador do encontro de emigrantes suízos

Autor:
Uxía Souto
Data
10/12/2009
O domingo a localidade de Verín acolleu a sétima edición dun encontro anual de emigrantes galegos retornados de Thun (Suíza), que organizou Perfecto Feijóo Rodríguez, propietario dun restaurante na vila do Támega.

-Cal foi o obxectivo do encontro?

-Esta cita sérvenos non só para recordar os anos que vivimos nesa cidade suíza, situada a 30 quilómetros de Berna, senón tamén para reforzar os lazos de amizade que xa mantiñamos por aquel entón e que se non se coidan, co tempo vanse perdendo. Sempre temos comida e baile, pero o máis importante é xuntarnos. A todos os emigrantes únenos unha historia e un pasado común, cheo de ilusións e traballo, e aproveitamos estas reunións para rememorar todas aquelas vivencias, boas ou malas.

-É a primeira reunión que se celebra na provincia, por que se elixiu Verín?

-Vai rotando por todas as provincias onde estamos. O ano pasado foi en Lugo, e esta é a primeira vez que se organizou en Ourense. Xa se organizaron dous encontros en Santa Corda, e logo un en Baiona, Forcarei, Padrón e Villalba; este ano tocounos a quenda a nós e o que vén será na Cañiza.

-Como se iniciou a idea?

-Foron dous emigrantes retornados, da zona de Santa Corda, que empezaron a buscar a xente que viviu nesa cidade industrial, durante os anos 60 e os 90, e co boca a boca lograron congregar a unha gran maioría. Nesta ocasión, tocoume a min porque estiven en Thun durante 20 anos e pola miña profesión de xastre era moi coñecido entre os emigrantes galegos.

-Mantiñan entre vostedes xa unha relación de amizade estando na emigración?

-Moitos si, porque formabamos parte do Centro Galego de Thun, que se fundou nos anos 60 e que contaba nesa década con máis de 200 socios. Era o noso lugar de reunión, alí organizabamos torneos de fútbol, cartas, festas ou concertos de cantantes españois.

-Gustaríanoslles ampliar a cita a emigrantes doutras zonas de Suíza?

-Si, aínda que é un pouco complicado contactar coa xente porque alí vivimos moitos galegos. De todos os xeitos, realizamos máis comidas e ceas ao longo do ano, pero en grupos máis reducidos.

-Por que une tanto a emigración?

-Porque ao estar fóra, sen a túa familia e amigos, a xente que coñeces alí convértense nos teus irmáns. Cando coñecías a un español non importaba de que lugar fose senón que era do teu mesmo país, e iso xa permitía establecer lazos de unión entre nós.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas