GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

CURSOS

 

 

A xestión da diversidade, nas XI Xornadas de Interculturalidade de Arteixo

(12/04/2013)

 

A xestión da diversidade, nas XI Xornadas de Interculturalidade de Arteixo

 
  • A temática de encontro será "A xestión da diversidade cultural dende o ámbito local", e celebraranse os vindeiros 25 e 26 de abril na localidade coruñesa de Arteixo.
  • Están organizadas pola ONGD Ecos do Sur en colaboración coa ONG Mestura.
 
XI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade. «A xestión da diversidade cultural desde o ámbito local»
Cartel das XI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade. «A xestión da diversidade cultural desde o ámbito local».
A Coruña, 3 de abril de 2013.

O 25 e 26 de abril celebraranse, no Centro Tecnolóxico de Arteixo, as XI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade, organizadas por Ecos do Sur en colaboración coa ONG Mestura, cofinanciadas polo Concello de Arteixo. Nesta ocasión, a temática de encontro é A xestión da diversidade cultural dende o ámbito local.

Esta iniciativa, de carácter anual, está aberta ao público en xeral, aínda que especialmente destinada a traballadores e traballadoras e estudantes do ámbito social. Durante dous días, Arteixo será o centro do debate acerca da diversidade cultural, con formación específica e presentacións de boas prácticas. Máis aínda, converterase en punto de encontro entre diversas e diversos profesionais de intervención social, no que se fomentará a participación social.

O programa ábrese o 25 de abril, co relatorio Da prevención á sensibilización. Os servizos do Concello de Madrid para favorecer a convivencia: Exemplo de boas prácticas da xestión da diversidade, por Anna Calamita Pérez-Mangado, do Departamento de Inmigración do Concello de Madrid. Seguirao Goizane Mota Gago, técnica do Concello de Bilbao, que falará do Programa muller, saúde e violencia: Prevención dende o empoderamento. E Boas prácticas na xestión da diversidade cultural nas pequenas e medianas empresas, con Puri Ramírez, directora de Área da Plataforma Ad-Ecos Emprendimento Social.

Ás 16,00 horas terá lugar a mesa redonda Boas prácticas no ámbito local dende Entidades Sociais de Galicia, na que participarán María Garrido, directora do Programa Teranga - Fundación Juan Soñador; María Mascuñana, técnica da ONG Mestura; Patricia Ares e Ana Louzán, da ONGD Viraventos, e Carmen Vázquez, responsable territorial en Galicia de ACCEM.

A segunda xornada arrancará con As cidades con futuro son cooperantes: A diversidade é imprescindible, por Toni Puig Picart, profesor de Mercadotecnia Pública en ESADE e asesor do Concello de Barcelona. A continuación falará José Francisco Cano de la Vega, voceiro da Plataforma pola Xestión Policial da Diversidade, sobre A xestión policial da sociedade diversa. Para finalizar, Rita Gómes Faria, técnica da Área de Investigación, Desenvolvemento e Incidencia da Fundación Pluralismo e Convivencia, ofrecerá o relatorio A diversidade relixiosa" no ámbito municipal: criterios de xestión pública e ferramentas de apoio.

O prezo da inscrición é de 6 euros (3 para estudantes, persoas no paro ou xubiladas), o cal inclúe o Xantar Intercultural da sesión do xoves, e que han de ingresarse no número de conta 2100 2725 28 0200034085 (La Caixa), especificando, no concepto do ingreso, "Xornadas" e o nome e apelidos da persoa inscrita. A data límite de inscrición é o martes 23 de abril de 2013. Ademais, é necesario remitir vía correo electrónico (ong@ecosdosur.org) ou por fax (981.16.83.49), a ficha de inscrición cuberta que figura no tríptico co xustificante de pagamento. No caso de ser estudante, persoa no paro ou xubilada, tamén se incluirá a tarxeta de emprego ou documento acreditativo escaneado, segundo corresponda. Está pendente de concesión de 1 crédito de libre configuración por parte da UDC.

Máis información en www.interculturalidade.net

 

 

III CURSO DE EXPERTO EN XESTIÓN SOCIO-EDUCATIVA DA INMIGRACIÓN NO EIDO LOCAL

 

marzo 2013 - maio 2013

facultade  CC. da educación

60 horas de duración

 

DIRECCIÓN

Mar Lorenzo Moledo

Profesora Titular de Teoría e Historia da Educación USC

 

Miguel A. Santos Rego

Catedrático de Educación Intercultural USC

 

REQUISITOS DE ACCESO

Licenciados/as en Pedagoxía, Psicopedagoxía, Psicoloxía, Socioloxía, Dereito

Diplomados/as en Educación Social, Traballo Social, Mestre

Profesionais da Administración Local

Profesionais do Traballo Social e da Educación

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Titulación Académica e Curriculum

 

TAXA DE MATRÍCULA

100€

 

DATAS DE PREINSCRICIÓN: Dende o 05/11/2012 ata o 04/02/2013

DATAS DE MATRÍCULA: Dende 11/02/2013 ata o 22/02/2013

 

LÍMITE DE ALUMNOS

Máximo: 30

 

LUGAR

Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). Universidade de Santiago de Compostela

 

XUSTIFICACIÓN

É no contexto local donde a inmigración adquire maior complexidade, xa que é o lugar no que se expresan máis directamente as dinámicas sociais, as aspiracións persoais, os conflictos, e mesmo as solucións innovadoras que tratan de mellorar as condicións de vida e o respeto aos dereitos humanos. A maior parte das necesidades e demandas dos inmigrantes producense a nivel municipal por ser esta a administración pública máis próxima ao cidadán. Constitúe, xa que logo, un ámbito privilexiado para combinar o diálogo comunitario, a actuación integral e a proximidade social. Un fenómeno global como o da inmigración ten que estudarse tamén en perspectiva local posto que é neste marco donde cómpre artellar as mellores vías de integración e, aínda mellor, de inclusión. Por iso, falamos da importancia estratéxica do medio local na xestión cultural e socio-educativa da inmigración. Neste contexto, os profesionais da administración local, e mesmo aqueles que traballan nas áreas de xestión municipal de servizos sociais, educación, e participación e asociacionismo, son pedra angular deste proceso, polo que se deben dobrar as vontades para ampliar os seus coñecementos e mellorar as ferramentas que empregan no seu traballo a prol da integración.

OBXECTIVOS XERAIS

– Introducir aos asistentes nas claves explicativas e interpretativas dos fluxos migratorios neste tempo de globalización e de conectividade

– Analizar os principais referentes lexislativos en materia de inmigración

– Estudar a xestión da inmigración dende os principais eixos de traballo de actuación municipal

– Adquirir os coñecementos, habilidades e ferramentas necesarias para a xestión da inmigración no eido local

– Mellorar as competencias de natureza intercultural na xestión local da inmigración

– Crear un espazo de análise, reflexión e xerador de propostas para a xestión da diversidade no eido local

 

CRÉDITOS

Horas presenciais: 40

Traballo fin de curso: 11

Non presenciais: 9

 

PROGRAMA

Módulo I: Introdución ao feito migratorio e a administración local

Nº de horas: 4

Ponentes: Ramón Villares Paz e Miguel A. Santos Rego, Universidade de Santiago de Compostela

Módulo II: As leis sobre inmigración en España: actualidade e perspectivas

Nº de horas: 12

Ponentes: David Moya Malapeira. Universidade de Barcelona

Módulo III: Os servizos sociais ante a xestión da inmigración na administración local

Nº de horas: 12

Ponentes: Jesús Tato Rial, Traballador Social do Concello de Ames (A Coruña). Maite Arufe, Asesora xurídica da Oficina de Inmigración do Concello de Ames (A Coruña)

Módulo IV: A atención educativa á inmigración: a integración escolar e social

Nº de horas: 12

Ponentes: Miguel A. Santos Rego e Agustín Godás Otero, Universidade de Santiago de Compostela.

Módulo V: Inmigración e mediación

Nº de horas: 9

Ponente: Carlos Giménez Romero, Universidade Autónoma de Madrid

Módulo VI: Traballo final de curso:

Nº de horas: 11

Profesores titores: Julia Crespo Comesaña, Mar Lorenzo Moledo, Diana Priegue Caamaño . Universidade de Santiago de Compostela.

CALENDARIO CLASES PRESENCIAIS

As clases presencias desenvolveranse como máximo en dous venres e sábados de cada mes en horario de 16.30-21h (venres) e de 9.30h-14h (sábados)

MARZO                    ABRIL                  MAIO

Venres 1              Venres 5              Venres 3

Venres 15            Sábado 6             Sábado 4

Sábado 16           Venres 19

                          Sábado 20

 

 Boletín de inscrición

 

 

 


 



 ACTIVIDADES

Maio 2013
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       

Consulado Móbil de Colombia na Coruña 23/05/2013-25/05/2013

 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas