GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

NACIONALIDADE

 

NACIONALIDADE ESPAÑOLA

A nacionalidade é a calidade dunha persoa determinada polo vínculo ou a relación que a une cun determinado Estado. No caso da nacionalidade española será con respecto a España.

NACIONALIDADE ORIXINARIA

É aquela que a persoa adquire desde o momento do seu nacemento, os españois de orixe son os seguintes: 
-Os nados de pai ou nai españois.
-Os nados en España, cando sexan fillos de pais estranxeiros, se un dos seus pais naceu tamén en España (excepto no caso dos fillos de diplomáticos).
-Os nados en España de pais estranxeiros se ambos carecen de nacionalidade (apátridas) ou se a lexislación destes non atribúe ningunha nacionalidade ao neno.
-Os nados en España que descoñecen aos seus pais.
-Presúmense nacidos no territorio español aos menores de idade cuxo primeiro lugar de estancia coñecido sexa o territorio español.

NACIONALIDADE POR RESIDENCIA

Para a concesión desta nacionalidade é necesario que esta haxa sigo legal e de forma continuada e dure, polo menos 10 anos.

No caso de persoas que obteñan asilo ou refuxio será suficiente o transcurso de 5 anos e esixiranse 2 anos en caso de nacionalidades de países Iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial, Portugal ou os sefardíes.

En período de residencia reducirase nos seguintes casos:

-A un ano para os nados en España.
-A un ano para o que estea suxeito legalmente a tutela, garda ou acollemento dunha persoa ou institución española durante dous anos consecutivos, mesmo se continuase nesta situación no momento de realizar a solicitude.
-A un ano de residencia legal e continuada para os cónxuxes de españois, sempre que non estivesen separados legalmente ou de feito.
-A un ano para o que non exerceu en prazo o seu dereito a adquirir a nacionalidade por opción.
-A un ano ao viúvo ou viúva de español, se ao momento de producirse o falecemento non se atopaban separados de feito ou xudicialmente.
-A un ano ao nacido no estranxeiro, fillo de pai ou nai, avó ou avoa que fosen orixinariamente españois.

Os naturais dos países iberoamericanos non teñen a obrigación de renunciar á súa nacionalidade de orixe para obtela española, xa que se lles recoñece o dereito a posuír a dobre nacionalidade.


 



 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas